Friday 10 de May de 2024

A Xunta conclúe os traballos de eliminación do depósico de pneumáticos de Lendo


Sagrario Pérez explicou que esta actuación, que completa as xa realizadas en Fene e As Somozas, e forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos, que ten como obxectivo a implantación dun novo modelo más sostible.

A Xunta vén de concluír os traballos para a eliminación do depósito de pneumáticos que existía nunha parcela pertencente á parroquia de Lendo.

A directora xeral de Calidade Ambiental, Sostenibilidade e Cambio Climático, Sagrario Pérez, desprazouse ata A Laracha para interesarse polo resultado das intervencións desenvolvidas cunha visita aos terreos recuperados na que estivo acompañada por Pablo Cambón, concelleiro de Patrimonio, Obras e Urbanismo.

A directora xeral explicou que esta actuación, a de maior entidade entre as acometidas na Comunidade para a eliminación de depósitos de pneumáticos históricos, completa as xa realizadas en Fene e As Somozas e forma parte da estratexia global do Goberno galego en materia de residuos, que ten como obxectivo a implantación dun novo modelo más sostible.

Os traballos realizados consistiron na roza e retirada de maleza para acceder á totalidade de pneumáticos -36.000 toneladas-, material que posteriormente foi recollido e transportado para o seu tratamento, consistente no triturado e na clasificación dos fraccións valorizables -caucho, metal e fibras téxtiles- para a súa reutilización. O resto destinouse a valorización enerxética, tal e como establece a Directiva Marco.
De feito, Sagrario Pérez lembrou que os pneumáticos son residuos cun alto compoñente de material reutilizable con novos usos como, por exemplo, solos de parques infantís, preparados para estradas ou pantallas acústicas de redución de ruídos.